Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Do Malí a Portugal, pasando por Cádiz

Música internacional para este xoves

Salif Keita, Mafalda Arnauth e Andy y Lucas aterran a noite do día 22 nos escenarios do país.

Redacción - 19:33 22/03/2007
Mafalda Arnauth

Mafalda Arnauth

Salif Keita estará a partir das nove da noite no Coliseum da Coruña. O cantante do Malí, un dos principais impulsores do afropop, chega a Galiza dentro do ciclo Música con raíces de Caixanova. Outra voz de alén das nosas fronteiras, pero moito máis preto, é a de Mafalda Arnauth, cantora portuguesa que comeza a experimentar con outros estilos ademais do fado. O seu concerto será ás oito e media no Auditorio Municipal de Ourense, como parte do ciclo Lusofonías de Caixa Galicia.

A noite da quinta feira o dúo andaluz Andy y Lucas chega a Vigo dentro dunha xira organizada por Cadena Dial. A cita é na sala Sete Mares. Na Coruña, a facultade de Informática celebra o día do seu patrón cun macroconcerto. A partir das oito tocarán no campus de Elviña Sweet Oblivion, Heissel, Cuchufellos e Pulpiño Viascón.

En Vigo e en Ourense haberá outras ofertas musicais. Na cidade olívica, a Fábrica de Chocolate organiza ás dez e media da noite un serán de música tradicional. E no ourensán café teatro Xesteira tocarán Snail e Dreams of Dolly Sheep. Na movida noite compostelá, o pub Malas Pécoras recibe os grupos Vale Tudo e Sr. Anido.

Rede Galega de Música ao Vivo
Os concertos que organiza o Igaem comezarán ás dez da noite na Coruña, no Jazz Filloa. Aló estará Color Café. Media hora despois, no pub Ache do Seixo (Marín) tocará Coda. Ás once, na capital herculina, Roberto Somoza Cuarteto dá un concerto no pub Garufa, e Phantom Club actúa no pub D'Antón, da Laracha. A noite do xoves péchana Jaso & Bó, no Salón Parroquial de Ponteareas, ás doce e media.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: