A programación da semana arranca coa oferta que organiza o Instituto galego de artes escénicas e musicais (Igaem).
Phantom Club
A Rede Galega de Música ao Vivo presenta dúas actuacións que se poderán escoller se estamos en Compostela ou en Vigo. Na capital do país, Jaso & Bó levarán a súa música á Borriquita de Belém a iso das once menos cuarto. Quince minutos despois, Phantom Club estará en El Ensanche, na cidade olívica.
Alén da rede organizada por Cultura, en Pontevedra poderase escoitar a música de Ugia Pedreira, Guadi Galego e Abe Rábade, Nordestin@s, no Pazo da Cultura a partir das oito e media do serán.