Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Preto dun 20%, na guerra de Iraq

Mil xornalistas asasinados nos últimos dez anos

Entre xaneiro de 1996 e xuño de 2006, un milleiro de profesionais dos medios de comunicación morreron de xeito violento no mundo, segundo un informe do International News Safety Institute.

Redacción - 12:31 20/03/2007

O International News Safety Institute, INSI, organización non-gobernamental con sede en Londres, adicada a velar pola seguridade dos profesionais dos medios de comunicación no mundo, acaba de publicar un estudo estatístico que revela que nos últimos dez anos, mil xornalistas foron asasinados no mundo mentres realizaban o seu traballo.

O informe, que leva por título Killing the messenger (Matar ao mensaxeiro), salienta que case un 75% das mortes produciuse en "tempos de paz", mentres que 269 morreron en conflitos armados, dentro ou fóra do propio país do falecido.

EUA, entre os "máis sanguentos"
Na última década, os 25 países identificados como os "máis sanguentos" foron: Iraq (138 mortos), Rusia (88), Colombia (72), Filipinas (55), Irán (54, 48 nun accidente de aviación), India (45), Alxeria (32), a ex República de Iugoslavia (32), México (31), Paquistán (29), Brasil (27), Estados Unidos de América (21), Bangladesh (19), Ucraína (17), Nixeria, Perú, Serra Leoa e Sri Lanka (16), Guatemala, Afganistán, Indonesia e Tailandia (13), e Nepal e Israel/Palestina (12).

Cómpre sinalar que estes datos recollen todas as causas de falecemento, dende o asasinato até os accidentes, e que no segundo semestre de 2006, morreron 101 xornalistas.

Case douscentos mortos en Iraq
Despois de catro anos de guerra en Iraq, o INSI contabiliza que 187 profesionais dos medios finaron neste país. A maioría -157- eran iraquís. Segundo a organización, trátase do conflito "máis sanguinario dos tempos".

A morte de xornalistas e profesionais involucrados na transmisión da información aumentou drasticamente dende a invasión das tropas estadounidense e británicas. No total mundial, rexistráronse 94 mortos, en 2003; 131, en 2004; 149, en 2005; e 167, en 2006.


Documentos

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: