O empate do Morrazo ante o Pozoblanco dálles máis vantaxe na loita polo ascenso.
O regreso á elite do balonmán estatal é case unha realidade para dous dos clásicos galegos desta disciplina. Teucro e Pilotes Posada, primeiro e segundo da clasificación da división de honra B, conseguiron este sábado tomar máis vantaxe respecto ao Pozoblanco, o seu principal competidor na loita por un posto na Asobal.
O Teucro venceu na cancha do Grupo Sigarci por 29-31, mentres que o Pilotes Posada acadou un agónico 27-28 na súa visita a Alcobendas. A xornada redondeouse co empate que acadou o Frigoríficos do Morrazo ante o Pozoblanco (20-20), que permite que pontevedreses e vigueses acaden un punto máis de vantaxe na táboa.
Deste xeito, e a falta de seis xornadas, o Teucro lidera a clasificación con 41 puntos, seguido do Pilotes con 40 e do Pozoblanco con 36.