Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sobre as crises esquecidas do mundo

Intermón Oxfam lanza un videoxogo solidario

Refugee é un xogo que pretende achegar ao público a realidade diaria de millóns de refuxiados na súa loita por sobreviviren.

Redacción - 12:16 16/03/2007
Imaxe do videoxogo para móbiles de Intermón Oxfam

Imaxe do videoxogo para móbiles de Intermón Oxfam

A organización humanitaria Intermón Oxfam presentou o pasado mércores o videoxogo para móbiles Refugee. A protagonista, Aissa, ten que atravesar campos de minas para chegar a un campamento de refuxiados ameazado pola guerrilla, ademais de buscar comida e auga para evitar que os seus fillos morran.

"Son as mesmas probas que millóns de mulleres en todo o mundo deben pasar diariamente no mundo real", reivindican dende a oenegué con esta innovadora iniciativa.

O videoxogo ten como obxectivo sensibilizar sobre a falla de seguridade e de axuda suficiente que padecen millóns de persoas, particularmente, naquelas crises esquecidas polos medios e a opinión pública. No mundo hai máis de oito millóns de refuxiados e case 25 millóns de desprazados, dos que o 80% son mulleres e nenos.

Descarga solidaria por 2,40 euros

Aissa conta con catro "vidas", representadas polas figuras dos seus fillos. Unha vez esgotadas, por causa das explosións das minas ou os disparos dos milicianos, o xogo remata. "Isto non é só un xogo. Queres mudar esta situación? Actúa" é o mensaxe que aparece na pantalla. O usuario ten entón a oportunidade de cubrir un formulario para ser enviado ao goberno español vía móbil, no que se lle solicitan medidas neste sentido.

Os fondos recadados coas descargas do videoxogo –que se pode descargar por 2,40 euros enviando a palabra io ao 5757– irán destinados aos programas de axuda humanitaria de Intermón Oxfam en dous campos do Chad, en Djabal e Goz Amer, país onde hai máis de 230.000 refuxiados da rexión sudanesa de Darfur, que dependen totalmente da axuda internacional para sobrevivir.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: