Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTÍMASE QUE A CIFRA REAL É MOITO MAIOR

A Xunta ten constancia de máis de 1.500 persoas 'sen teito'

O 90% dos usuarios dos servizos de axuda son homes e a idade media oscila entre os 30 e os 45 anos.

Redacción - 10:55 16/03/2007
O problema dos sen teito non é exclusivo doutras latitudes / Foto: Miguel A. Marcos

O problema dos sen teito non é exclusivo doutras latitudes / Foto: Miguel A. Marcos

O colectivo dos “sen teito”, lonxe de ser un problema das grandes urbes é tamén un fenómeno que se dá no noso país, principalmente nas cidades. A Xunta ten datos de 1.500 persoas que cada ano acostuman a empregar os servizos de axuda que ofrecen tanto os centros públicos coma os privados, que ofrecen aloxamento ou comida gratuíta. Aínda así, sinalan que esta cifra podería incluso duplicarse xa que moitos dos que padecen esta situación non demandan ningún tipo de axuda.

Esta mesma semana, o Consello da Xunta aprobou unha iniciativa de Vicepresidencia para asinar un convenio de colaboración coa Cruz Vermella. O departamento galego vai investir algo máis de 335.000 euros, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, nun programa que reduza as situacións de exclusión social deste colectivo. O programa vaise centrar especialmente nas cidades da Coruña, Vigo, Santiago, Lugo e Ourense

Os datos que dispón a Vicepresidencia revelan que a inmensa maioría das persoas que acoden a este servizo son varóns, de entre 30 e 45 anos. A miúdo arrastran patoloxías mentais, alcoholismo ou adicións a outro tipo de drogas. Por iso, o programa contempla liñas de actuación individual para ofrecerlles axuda, asesoramento e favorecer a inserción na sociedade.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: