Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Zona Alternativa no local compostelán

Javier Corcobado revoluciona a sala Nasa

O poeta e músico presentará, o xoves a partir das dez da noite, a súa música, fiel á liña experimental que segue dende os seus inicios.

Redacción - 18:40 15/03/2007
Javier Corcobado

Javier Corcobado

Despois do seu único concerto no país, na Zona Alternativa da Nasa, Javier Corcobado seguirá no local compostelán o venres e o sábado, días en que protagonizará a obra de teatro Agrio beso, xunto a Juan Navarro.

A noite do xoves a capital do país estará chea de música por todas partes, pois poderase escoller entre outros tres concertos, ademais do de Corcobado. Na sala Capitol estará a banda alemá de folk metal In Extremo, que mestura temas en alemán con cantares tradicionais noutras linguas, entre elas o galego-portugués.

Supersond, no bar d'Món ás nove da noite, e o Roberto Somoza Cuarteto, na Casa das Crechas ás dez e media, completan a oferta santiaguesa do xoves 15.

Ademais da actuación de Roberto Somoza, outros tres concertos percorrerán Galiza dentro da rede de música ao vivo: Tango Project chega á Casa de Arriba Pop de Vigo, ás dez; o cantautor Diego Massimini estará no pub d'Antón da Laracha, ás once, e Color Café e Jato Nejro Jazz Trío actuarán no café teatro Xesteira de Ourense, ás once e media.

Por outra banda, a xente de Lugo terá no Clavicembalo a El Chivi, e en Baiona, no Marrucho, estarán Tachenko ás dez e media.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: