Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Werder Bremen 2 – 0 Celta de Vigo / UEFA

A mala sorte pode cun Celta que xa pensa só na liga

O árbitro non pitou un penalti sobre Guayre e anulou inxustamente un gol de Perera.

Redacción - 22:45 14/03/2007

A agónica situación que vive o Celta na competición de liga condicionou en boa medida o encontro de volta dos oitavos de final da Copa da Uefa. Vázquez deixou no banco a López, Canobbio e Baiano, os tres homes máis ofensivos do conxunto celeste, con vistas ao encontro deste domingo ante o Sevilla.

O 2-0 final, así como o 3-0 do total da eliminatoria, ben engana e boa culpa a tiveron os árbitros. Se na ida Almeida anotaba o gol teutón en fóra de xogo, este mércores o colexiado non pitou un claro penalti sobre Guayre e anulou un gol legal a Perera co 1-0 aínda no marcador.

Malia isto, en Bremen os tantos de Almeida e Fritz estiveron precedidos de dous graves erros de Esteban e Nené respectivamente. Dúas accións que impediron que os celestes fixeran perigar en ningún momento o pase do Werder Bremen aos cuartos.

A lectura positiva do encontro deste mércores é que desde agora o conxunto galego estará centrado exclusivamente en garantir a súa permanencia na primeira división un ano máis. Logo do Sevilla esperan o Real Madrid, Recreativo e Deportivo.


2,33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: