Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
A Eurorrexión perde o equivalente ao 1,5% do PIB

O adiamento do tren Vigo-Porto frea un negocio de 17 mil millóns

As cifras acaba de subliñalas o PPdeG no Parlamento, ao tempo que se queixan por que Fomento tramitase as axudas da UE para o AVE transfronteirizo Cataluña-Francia e esquecese as do tren Vigo-Porto.

Redacción - 17:25 14/03/2007

"Levan tres anos cruzados de brazos", acusou Alexandre Gómez Alonso, voceiro de Infraestruturas do PPdeG, sobre a priorización dos trámites desde os ministerios de Economía e de Fomento. Alonso referíase á solicitude de fondos para o treito de Perpignan da conexión AVE entre Cataluña e Francia, que o goberno español xa fixo na Unión Europea. Mentres, o treito Vigo-Porto agarda por un trámite similar.

O deputado popular levaba así ao Parlamento a resposta do vicepresidente da Comisión Europea e comisario de Transportes, Jacques Barrot, ao eurodeputado Daniel Varela, onde se indicaba que o Estado español non pediu eses fondos. Sobre o mesmo asunto, Barrot referiuse ás previsións que oficialmente lle fixo chegar o goberno portugués á Eurocomisión, e segundo as cales a vía entre Porto e Vigo non estaría rematada até 2015.

A Xunta considera "prioritario" o proxecto
A conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, achacoulle os atrasos no proxecto aos problemas orzamentarios do executivo portugués, e asegurou que o proxecto é "prioritario" para o goberno galego e para o español. Ao tempo, lembrou que a última previsión ao respecto é que a obra poida completarse en 2013. Segundo explicou, a recente publicación do estudo informativo da saída sur da alta velocidade entre Vigo e O Porriño é exemplo de que "hai vontade de desenvolver a obra".


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: