Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No Corno de África

Gastos militares para cafeteiras nos bares

Un mecánico etíope utiliza os morteiros usados na guerra entre Etiopía e Eritrea para fabricar máquinas de café.

Redacción - 13:14 14/03/2007
Etiopía e Eritrea son uns dos maiores produtores de café

Etiopía e Eritrea son uns dos maiores produtores de café

Azemeraw Zeleke é un mecánico de 54 anos da vila de Mekele no norte de Etiopía. A distribución de pezas de reposto para máquinas de café na rexión de Tigray é o seu negocio, mais o que o fai diferente é o tipo de materiais cos que traballa.

Segundo informa a axencia de noticias Reuters, Zeleke utiliza os restos das armas empregadas na guerra entre Etiopía e Eritrea (1998-2000) como materia prima para os repostos das cafeteiras.

"Os granxeiros tráenme os cascos dos morteiros do antigo campo de batalla", sinala, e engade: "Os tubos baleiros son perfectos para as máquinas de café. O bronce non se enferruxa, e a forma que teñen é ideal".

"Da guerra ao pracer"
Zeleke e mais a media ducia de traballadores cos que conta precisan dunha semana para converter os morteiros usados en cuncas para almacenar o café na máquina. "Collemos esas ferramentas de guerra e convertémolas en ferramentas de pracer", comenta o seu fillo Mehany, de 22 anos. "Pode que sexa unha mensaxe para o mundo", engade.

Os habitantes da zona recollen os morteiros da liña fronteiriza, onde o 70.000 foron asasinadas durante o conflito. Zeleke e os seus pagan ao redor de 350 birr (30 euros) por cada un. Despois venden as máquinas de café -unha media de seis ao ano- por uns 10.000 birr (preto de 900 euros).


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: