O mércores, a unha hora non moi habitual para os concertos, as seis e media da tarde, o grupo indie valenciano estará no campus de Vigo.
La Habitación Roja
La Habitación Roja ofrecerá un concerto en que presentará en primicia para Galiza temas do seu próximo traballo, Cuando ya no quede nada. Será no teatro da Cidade Universitaria. Xa pola noite, no Fábrica de Chocolate Club actuará o home-orquestra Bob Log III, que tamén dará un concerto exclusivo no pais.
Pola súa banda, o cantautor ferrolán Andrés Suárez vai tocar ás dez e media da noite no Trapitos y Joyas de Compostela. Noutro local da cidade, o pub El Matadero, estarán Tachenko á mesma hora.
Rede Galega de Música ao Vivo
A Consellería de Cultura programa dous espectáculos para a noite do mércores. Ás once menos cuarto, o Marcos Pin Trío estará na Borriquita de Belém, en Santiago. Un cuarto de hora despois, os Ragdog presentan a súa música en El Ensanche, en Vigo.