Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Axudará a promocionar a zona

O cabo Fisterra recibirá o título de Patrimonio Europeo

A candidatura galega foi finalmente aceptada e será un dos trinta enclaves da Unión en acadar a distinción a nivel continental.

Redacción - 19:00 13/03/2007
Faro de Fisterra / Foto: Arkángel

Faro de Fisterra / Foto: Arkángel

O galardón que recoñece a contribución á historia europea do cabo Fisterra entregarase o luns 19 no mosteiro de Yuste, en Estremadura. A encargada de recoller a distinción será a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo.

A proposta galega competiu con outras 19 do Estado e finalmente quedou entre as catro seleccionadas pola Unión Europea, que son tamén o propio mosteiro de Yuste, a Residencia de Estudantes de Madrid e o Arquivo Histórico da Coroa de Aragón.

Segundo a Consellería de Cultura, o título de Patrimonio Europeo axudará á promoción internacional do conxunto cultural do noso país e traerá consigo beneficios sociais e económicos. Así mesmo, servirá para fortalecer a sensibilidade social sobre a riqueza do patrimonio fisterrán.

A nova denominación creouse para distinguir os bens, monumentos e enclaves que tivesen un papel importante na historia de Europa. Galiza tamén presentara como candidatos a cultura castrexa, os camiños de Santiago e as fortalezas da fronteira con Portugal. A consellaría volveraos propoñer para a vindeira edición, que se comezará a avaliar en novembro.


4,33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: