Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
COINCIDINDO CO ACCESO AO CARGO DE ABEL CABALLERO

En dous anos o Porto de Vigo multiplicou por seis o gasto en publicidade

Entre 2004 e 2006, o gasto en publicidade da Autoridade Portuaria de Vigo chimpou de 140 mil a 850 mil euros.

Redacción/Europa Press - 09:00 12/03/2007
Porto de Vigo

Porto de Vigo

Hai poucos días, o presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feijoo, denunciaba que o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo e candidato do PSdeG á alcaldía da cidade olívica, Abel Caballero, gastou "case un millón de euros de fondos públicos sen ningún outro criterio que saír nos medios de comunicación durante semanas e semanas".

Ao respecto dese presunto gasto veñen de coñecerse detalles logo da resposta do executivo estatal á pregunta formulada por Carlos Mantilla, deputado do PP no Congreso. O documento, ao que tivo aceso a axencia Europa Press, debulla o gasto realizado pola institución entre os anos 2004 e 2006.

A multiplicación do gasto en publicidade do porto vigués coincide co acceso á presidencia do porto de Abel Caballero, ex ministro socialista e antigo líder do partido en Galiza. Os gasto en publicidade foran en 2004 dun total de 140 mil euros, cantidade que se incrementou en 2005 até os 237 mil euros. En 2006, os cartos destinados a ese eido chimparon até os 850 mil euros. Os populares din ver unha relación directa entre ese incremento e a confirmación de Abel Caballero á fronte da candidatura socialista á alcaldía de Vigo.

No posto a tres meses das eleccións
O malestar entre os populares inclúe tamén o feito de que Abel Caballero continúe ao fronte do porto vigués a tan só tres meses das eleccións municipais. Co goberno local actualmente nas mans da popular Corina Porro, o poder económico da Autoridade Portuaria e a ampla axenda de actividades despregada por Caballero á fronte da institución, son especialmente criticados.

O enfado incluíu tamén neste tempo a algúns sectores do PSdeG vigués, complicado equilibrio de poderes nos últimos anos, onde non foi ben recibida a imposición do candidato por parte da dirección do partido. Do mesmo xeito, a intención da dirección en Madrid e Santiago de lanzar a Caballero como candidato foi interpretada como a razón para bloquear a posíbel recuperación do goberno municipal, vía moción de censura, en coalición cos nacionalistas.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: