Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
A xornada deixou un empate para o Cometal e a derrota do Ázkar

O Lobelle gaña o Caja Segovia e entra outra vez na loita polo play off

Lugueses e santiagueses xa pensan na fase final da Copa, que se celebrará a próxima fin de semana en Lugo.

Redacción - 14:56 11/03/2007
Vitoria do Lobelle en casa por 4-2

Vitoria do Lobelle en casa por 4-2

O serán deste sábado trouxo resultados dispares para os equipos galegos na LNFS. O Autos Lobelle gañou o Caja Segovia no Fontes do Sar por 4-2. Os goles de Alemao, Betao, Carlinhos e Danieli permítenlle ao cadro de Pulpis seguir a loitar por entrar nos postos de play off. Os santiagueses ocupan agora o décimo posto da táboa a só dous puntos do oitavo clasificado, o Carnicer Torrejón.

Outro equipo que xa está a pensar tamén na cita da próxima fin de semana é o Azkar Lugo. O sábado os galegos perderon 7-6 ante o Martorell nun atípico encontro. O club catalán está a piques de desaparecer polo que, se se confirma a saída de todos os seus xogadores nesta semana, os tres puntos perdidos no desprazamento viaxarían cara á Lugo.

Pola súa parte, o Celta de Vigo Cometal confirmou a súa melloría en defensa e acadou un valioso empate (1-1) ante o Polaris, terceiro clasificado. O resultado non permite que os vigueses abandonen o último posto da táboa e os deixa a sete puntos da zona salvación.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: