Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Logo da suspensión de programas de asistencia técnica para Irán

Ahmadineyad defenderá o seu programa nuclear ante a ONU

O presidente de Irán quere asistir en persoa a un encontro do Consello de Seguridade para defender o dereito do seu país a desenvolver armas nucleares.

Redacción - 10:50 11/03/2007
O presidente de Irán quere asistir en persoa ao Consello de Seguridade

O presidente de Irán quere asistir en persoa ao Consello de Seguridade

Segundo o portavoz do executivo de Teherán Gholam Hossein Elham, “o presidente da República Islámica de Irán pretende asistir en persoa a un encontro do Consello de Seguridade de Nacións Unidas” co obxectivo de “defender os dereitos nacionais á hora de desenvolver pacificamente a enerxía nuclear”.

O anuncio realízase logo de que o pasado xoves día 8 a Xunta de Gobernadores da Axencia Internacional da Enerxía Atómica (AIEA) decidise suspender vinte programas de asistencia técnica para Irán, en relación coa resolución do Consello de Seguridade que castiga a falta de cooperación da República Islámica.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: