Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Quintana apóiao e di que as acusacións son "mentiras"

Antón Losada asegura que a situación da súa empregada de fogar era legal

O secretario xeral fixo público na tarde do sábado o seu “estupor e desprezo” polo feito de que o Partido Popular lle pedise explicacións polo suposto despido improcedente da súa asistenta.

Redacción - 09:30 11/03/2007
Losada deféndese do “rumor” difundido “sen proba ningunha”.

Losada deféndese do “rumor” difundido “sen proba ningunha”.

Nunha información publicada esta semana por Libertad Digital, asegurábase que Losada despedira a súa asistenta de fogar sen indemnización. Segundo o xornal madrileño, a traballadora, que escribiu unha carta denunciando o caso, non tiña seguro e foi despedida logo de pedir un aumento salarial.

A través dun comunicado oficial, Losada lembra que hai un decreto que sinala que o servizo doméstico a tempo parcial non precisa contrato a través do servizo público de emprego. Di ademais que ao ser un contrato verbal por menos de 80 horas ao mes é responsabilidade do traballador dispor de seguro, e que efectivamente a súa asistenta o tiña, “proba diso é que cando lamentabelmente sufriu unha grave enfermidade o seu seguro fíxose cargo da baixa”.

En contra da información publicada, Antón Losada tamén asegura no comunicado que a traballadora non tivo responsabilidade na educación e coidado da súa filla e subliña que deixou voluntariamente o emprego “porque tiña ofertas mellores”.

Apoio de Quintana

Pola súa parte, o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, amosou na mesma tarde do sábado o seu apoio a Losada. Nesta liña, logo do Consello Nacional do BNG, o voceiro nacionalista dixo que non comenta "mentiras nin contribúo a facer noticias das mentiras”.


4,21/5 (19 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: