Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Este venres...

Lucie Silvas e Sex Museum na Coruña

Esta fin de semana será, sen dúbida, a máis prolífica dos últimos meses no que se refire á programación musical das salas de concertos do país. Expoñemos nada menos que dezaoito actuacións de diferentes estilos e espalladas por toda a nosa xeografía.

Redacción - 18:31 09/03/2007
Lucie Silvas

Lucie Silvas

A cantante británica Lucie Silvas chega á Coruña. Os admiradores da artista teñen a oportunidade de vela en vivo no Coliseo a partir das dez da noite. Para os que prefiran outro tipo de músicas, poden asistir na cidade herculina a outros tres concertos: No Playa Club tocarán ás doce da noite os Sex Museum; na sala Mardi Gras estarán os asturianos Fe de Ratas e mais Konflikto de abreconcertos, ás dez da noite, e no Fórum Metropolitano estará a partir das nove Xabier Díaz e a súa Música de Salitre.

No auditorio municipal de Mera comezará ás oito un cuádruplo concerto: Los Santos, Shroud of Tears, Tool 64 e Pick Up The Trash On Fridays, con entrada libre. Nas instalacións equivalentes da Estrada tocará a Wilko Johnson Band. En Vigo, Sweet Oblivion, The Blows e Tanghana's Show participan no concurso MusicaliA! da sala A!

Na mesma cidade, Quatro D Abril e La Puerta Nº 2 actúan na Fábrica de Chocolate e Tokyo Sex Destruction segue de xira na Iguana Club. En Compostela, 96 Grados actúa na Churrasco Express a partir das once e media da noite, mentres que Berri Txarrak e Nao actúan ás dez na sala Nasa.

A sala DZine de San Sadurniño recibe a sexta feira os cataláns La Pegatina e mais a Banda Potemkin. Na Zona Zero de Caldas estará Phantom Club, mentres que en Nigrán, no bar Patos, actuará Septiembre.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: