Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O Celta xoga a ida dos oitavos ante o Werder Bremen

A gozar da Uefa sen perder de vista a Liga

Balaídos prepárase para recibir na noite deste xoves a un dos conxuntos máis en forma de Europa. O Werder Bremen, que chegará a Vigo como o equipo máis goleador do continente, será un duro rival para o Celta. En Vigo non esquecen que este domingo ante o Athletic o Celta ten se cadra o partido máis importante do que vai de tempada.

Redacción - 13:47 08/03/2007

Malia que os celestes xogan a vida esta fin de semana ante os vascos, é tempo de gozar da maxia da competición europea. Espérase unha das mellores entradas da tempada en Balaídos e é que enfronte estará o equipo máis potente desta competición. Non hai que esquecer que o Werder Bremen chegou á Uefa logo rematar terceiro no grupo que compartía na Champions League co Barcelona e co Chelsea.

O principal problema co que se atopará Fernando Vázquez para preparar a súa aliñación é a ausencia de Oubiña e Iriney. Pablo García aínda arrastra molestias polo que o dobre pivote podería estar formado integramente por reconvertidos. Tamas, Jorge Larena, Ángel ou mesmo Canobbio perfílanse para a demarcación se García non chega a tempo para o choque.

O encontro comezará ás 20:45 e será retransmitido en directo tanto pola TVG como por LaSexta.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: