Dúas actrices nun escenario que con algúns truquiños de atrezzo convértense en varios tipos de mulleres, para demostrar que non existen os estereotipos. Elas son Merche Alonso e Paz Quiroga, ou o que é o mesmo, Bolován Teatro. Feminino pluralestará na Sala Yago de Compostela dende este xoves, 8 de marzo, até o domingo.
O xoves e sábado ás 22.30, o venres 9 ás 20.30 e o domingo 11 ás 19.00, a Sala Yago acolle unha serie de sketchs sobre mulleres. Moitos tipos de mulleres: as que aman, as que son amadas, as que sofren, as que soñan, as que non dormen, machistas, feministas...
Nove historias escritas por Alonso de Santos, Félix Sabroso, Antonia San Juan, Artur Trillo e Paula Carballeira: desentrañar a letra d'"As mozas son guerreiras", a muller que colle a maleta e marcha da casa, tentar entender por que nas perruquerías os e as profesionais fan o que lles peta, compartir sala de consulta... Con pequenos cambios de atrezzo, Merche Alonso e Paz Quiroga estabelecen diálogos ou lanzan monólogos. Diríxeas Artur Trillo, e a música é de Leo Fernández.