Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O FBI conseguiu acceder aos datos do seu disco duro

Un home demanda a Microsoft porque o Internet Explorer non ocultou a súa afección á pornografía

Un estadounidense demandou a empresa informática Microsoft porque o navegador que empregaba, Internet Explorer, non borrou información sobre as páxinas web pornográficas que visitaba, e que logo obtivo o FBI.

Redacción - 11:30 06/03/2007
Web de Microsoft

Web de Microsoft

O home fora arrestado por posesión de armas, polo que a oficina dedicada ao control do alcohol, tabaco e armas de fogo lle confiscou o ordenador. O acusado tiña instaladas varias ferramentas de cifrado de datos, así que os funcionarios non puideron acceder ao contido. Pasáronlle o computador ao FBI, que conseguiu ler os datos do disco duro, que incluían vídeos sexuais do acusado e da súa parella e probas de que visitaba páxinas pornográficas.

O home amosouse moi avergoñado polo feito de que se fixesen públicas as súas afeccións, e máis despois de ter configurado o Internet Explorer para que borrase o historial de páxinas visitadas cada cinco días. Así que decidiu demandar a Microsoft, polo que considera un fallo do seu navegador.


2/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: