O sábado 10 arrancan no Conservatorio de música folque de Lalín dous monográficos. O primeiro deles, que durará unha soa xornada, será o curso de Danzas do mundo, mentres que o outro, que se desenvolverá até o mes de xuño, estará dedicado ao violín tradicional.
Monográfico de violín tradicional
O monográfico de danza vaino impartir a musicoterapeuta e bailadora Beatriz Díaz. Desenvolverase en xornada partida, de 11 a 14 horas e de 17 a 20, e permitiralles aos alumnos aprender bailes de distintas partes do mundo. O custo da matrícula é de 40 euros.
O outro curso, de violín tradicional, de Oslo a Compostela, durará catro meses e impartirao Quin Farinha, que foi membro de Berrogüetto, Talabarte Trío, a Banda das Crechas e Sol de Farofa. Durante o monográfico estudarase un amplo repretorio de violín tradicional ao longo de Europa. O prezo da matrícula será de 50 euros ao mes, e as clases, individuais.