Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EUROFIESTRA NO MUNDO VIRTUAL

A Unión Europea pensa abrir oficina en Second Life

A rede de portais en internet, Euronews TV ou o proxecto de canle televisiva para o Europarlamento son exemplo de iniciativas coas que as institucións europeas hai tempo que tratan de achegar a súa actividade aos cidadáns. A última idea é aproveitar o mundo virtual Second Life.

Redacción - 12:27 05/03/2007
Second Life xa suma 4,3 millóns de usuarios

Second Life xa suma 4,3 millóns de usuarios

"Estamos analizando como comunicar a través de canles non tradicionais como é internet", explicou Miroslav Dowgielewicz, voceiro do gabinete da comisaria europea de Comunicación, Margot Wallström.

Dowgielewicz relatou para o portal Euobserver que Second Life é só "unha doutras opcións interesantes" e que a Comisión Europea está aberta a moitas outras "novas ideas". Ao fío recoñeceu que o executivo europeo veu amosando claros déficits á hora de achegarse aos cidadáns e que son necesarios "esforzos adicionais" nesa tarefa.

Neste momento, Second Life ten xa 4,3 millóns de usuarios, dos cales un millón e medio se inscribiron nos últimos dous meses. Segundo os datos proporcionados pola empresa fornecedora do portal, Linden Lab, un 54% do total son europeos, por diante do 34,5% de estadounidenses.


Ligazóns

1,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: