Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Propón introducir a materia de lingua na carreira de Dereito

O BNG pide medidas que garantan o uso do galego na Xustiza

O deputado do BNG Bieito Lobeira pediu que se tomen medidas para garantir a defensa dos dereitos lingüísticos na administración de Xustiza, como a implantación da materia de Galego nas facultades de Dereito do país. Lobeira considera que os maxistrados que descoñecen e mesmo desprezan o idioma non poden impartir Xustiza en Galiza.

Redacción - 14:56 02/03/2007

O parlamentario nacionalista cita o caso do xuíz decano do Xulgado do Social número 3 da Coruña, que se amosou publicamente contrario ao uso da nosa lingua en varias ocasións. Na iniciativa parlamentar, solicita que a Secretaría Xeral de Política Lingüística faga unha avaliación da situación e explique que medidas vai tomar para resolvela.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: