Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
División no celtismo

Varias peñas pídenlle ao Celta que bote a Vázquez se non se gaña o Athletic

Un grupo de peñistas reuniuse este xoves co director xeral do Celta de Vigo, Xavier Martínez Cobas, co obxectivo de transmitirlle a súa preocupación pola situación actual do conxunto. Os afeccionados aseguráronlle ao dirixente celeste que apoiarán o equipo sen fisuras até o partido ante o Athletic de Bilbao, data límite despois da cal esixirán a dimisión de Vázquez de non mellorar os resultados.

Redacción - 13:45 02/03/2007
Tags:
Cobas reuniuse con varios afeccionados

Cobas reuniuse con varios afeccionados

Martínez Cobas escoitou as opinións e propostas deste grupo de peñistas opositores a Fernando Vázquez. As declaracións do de Castrofeito o pasado domingo, nas que acusou a afección de estar “pouco concentrada” no xogo, foron o detonante para que solicitasen a xuntanza cos dirixentes do club.

Este grupo de afeccionados propuxeron marcar a data do 11 de marzo como límite para a permanencia do galego no banco se non melloran os resultados. Ese día o Celta enfróntase en Balaídos ao Athletic de Bilbao, un dos rivais directos na loita por eludir o descenso, polo que o triunfo é obrigado. Polo medio, os celestes visitarán este sábdo Mestalla en Liga e recibirán o xoves na Uefa o terceiro clasificado da Bundesliga, o Werder Bremen.

Aínda así, os contrarios a Vázquez non contan co respaldo da Federación de Peñas do club vigués, que a través dun comunicado na súa web a “unión da afección” e “apoio decidido, incondicional e sen fisuras para os nosos xogadores e técnicos”. A Federación pide deixar de lado “as nosas diferenzas” e anima a afección a “empurrar o equipo neste delicado momento”.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: