Edilberto Alonso, o bardo de Curtis, envíanos dende Tipperary, en Irlanda, un tema que, de seguro, se converterá nun novo éxito. Spiritual – Magic & Knowledge está dedicado a Penélope Cruz, a primeira española seleccionada para o Oscar á mellor actriz.
Edilberto Alonso
O artista lembra como a coñeceu, aquel xullo de 1988, cando lle encargaron dirixir unha discoteca de tarde en San Sebastián de los Reyes (Madrid). Tamén rememora como aquela rapaza adolescente xa destacaba polo seu encanto especial e a súa acusada personalidade.
Edilberto Alonso compuxo o 27 de xaneiro unha canción para celebrar o éxito do filme Volver, dirixido por Pedro Almodóvar e protagonizado por Penélope Cruz, inspirándose nunha nova que emitiu a televisión irlandesa na que aparecían os dous dándose unha aperta.
Alonso define o tema como “un canto alegre de ritmos latinos que invitan a bailar e elevan o espírito”, e asegura que o estilo musical que practica é o pop-antidepresivo. O apegadizo retrouso que soará esta primavera é Pe-Pee-Peeee, Pedro and Penélope.