Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O Karpin Galicia é décimo terceiro na clasificación xeral por equipos

Gustavo Domínguez, duodécimo na segunda etapa da Volta a Valencia

O Karpin Galicia segue a competir na 65 volta ciclista á Comunidade Valenciana, que se está a disputar dende o martes até o sábado. O conxunto galego atópase na posición décimo terceira, despois de transcorreren dúas etapas. No percorrido do martes, con saída e chegada en Alcira, Gustavo Domínguez foi o primeiro corredor do Karpin en chegar á meta, no posto duodécimo.

Redacción - 19:34 28/02/2007
Gustavo Domínguez

Gustavo Domínguez

O mércores, en Calpe, foi o seu compañeiro de equipo Carlos Castaño o que acadou mellor posición: a número 22, quedando por detrás Domínguez, de 41º, e Ezequiel Mosquera, de 42º. Os primeiros ciclistas do Karpin chegaron, os dous días, no mesmo tempo ca os líderes.

Os italianos están a dominar, polo momento, a carreira. A primeira etapa venceuna Daniele Bennati, do Lampre-Fondital, que completou o itinerario de 162,7 quilómetros en 3 horas, 34 minutos e 31 segundos. A segunda gañouna o seu paisano Alessandro Petacchi, do Team Milram, que tardou 3 horas, 38 minutos e 19 segundos en rodar polos 148,2 quilómetros da etapa.

Petacchi é o líder da clasificación xeral, con 7 horas, 12 minutos e 34 segundos. O primeiro galego é Gustavo Domínguez, na posición décimo novena, a 16 segundos do primeiro. Co mesmo tempo están Ezequiel Mosquera, no posto 52º, e Carlos Castaño, no 60º.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: