O Deportivo da Coruña enfróntase o mércores á noite ao Valladolid, no partido de volta dos cuartos de final da Copa do Rei. O equipo galego parte coa avantaxe de 4-1 que acadou no encontro de ida, en Riazor, pero agora terá que afrontar a hostilidade da afección valisoletana.
O conxunto deportivista desprazará até a capital castelá algúns dos xogadores menos habituais das aliñacións de Caparrós: Munúa; Juanma e Coloccini; Barragán e Capdevila; Sergio e Juan Rodríguez; Pablo Álvarez e Filipe, e Adrián e Taborda. A cita é ás oito do serán no Nuevo José Zorrilla.