Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Opaco descargou, clasificou e organizou nun álbum 159 planos de distintas épocas

Un blogueiro recompila os mapas de Galiza do Instituto Xeográfico

O blogueiro Opaco xa completou o laborioso traballo de recompilar os mapas de Galiza do Instituto Xeográfico Nacional, divididos en cuadrantes. Agora todos eles pódense descargar dun álbum que creou expresamente na súa conta de 23hq.

Redacción - 11:26 28/02/2007
As 28 primeiras imaxes do álbum

As 28 primeiras imaxes do álbum

Opaco, despois de lembrar que calquera día súa nai lle vai botar ao lixo os mapas que garda no fogar materno, decidiu aproveitar a posibilidade de descargar de balde os planos da cartoteca do IXN. Así, encargouse de baixar un total de 421 megas de arquivos, de extraerlles as imaxes, de ordenalas por cuadrantes, de etiquetalas cos nomes das localidades ás que se refiren e, finalmente, de subilas á web de fotografías.

As 159 fotos de mapas a escala 1:50000 ofrecen varias visións cronolóxicas diferentes de cada cuadrante, e comparándoas pódese apreciar como evolucionaron os núcleos de poboación, as infraestruturas viarias e, sobre todo, a toponimia. Un labor que, sen dúbida, moitos lle agradecerán a Opaco.



5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: