Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
[DEPORTE BASE]

Case 15 millóns de euros en axudas para o deporte base

A base do deporte galego recibirá este ano en axudas a cantidade "máis alta de toda a historia do deporte en Galiza". Así o anunciaron na mañá do venres Santiago Domínguez Olveira, director xeral para o Deporte e a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo. Ambos presentaron as liñas de axuda para a base nas que se aprecia un incremento de case o nove por cento con respecto ao 2006.

- 16:22 23/02/2007
Tags:

A Dirección Xeral para o Deporte está a darlle sentido ao seu lema "Crecendo desde a base" co anuncio das axudas que recibirán este ano clubs, entidades, federacións e concellos en relación co deporte de base. As subvencións ascenden a 14.700.000 euros, o que supón un incremento en relación a 2006 de case 1.200.000 euros, un 8,7%.

Segundo o director xeral para o Deporte, Santi Domínguez, o tecido asociativo "é fundamental, xa que son os clubs e as asociacións, xunto cos seus dirixentes, os máximos responsábeis do traballo na sociedade, cos nenos e nenos, e por iso en 2006, por primeira vez, abriuse unha liña de axudas directas aos clubs e entidades deportivas". Domínguez sinalou que no presente ano "vaise continuar con esa liña de actuación, axudando a estas asociacións nas súas actividades deportivas".

Na conferencia de prensa, Bugallo e Domínguez tamén adiantaron que outra das liñas de axuda irá destinada ás federacións, "coas que se volverán a asinar convenios de colaboración, tal e como xa sucedeu o ano anterior". Pola súa parte, os concellos recibirán 420.000 euros co obxectivo de colaborar en programas de fomento de actividades deportivas así como seguir adiante coa apertura das instalacións deportivas dos centros escolares fóra do horario escolar.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: