Un grupo de doce persoas maiores do centro social de Coia, en Vigo, estase a iniciar no mundo da prensa dixital a través dun obradoiro de xornalismo. Cada xoves publican no enderezo cscoia.com unha revista ou blog colectivo sobre temas de actualidade, cultura e mesmo consellos de beleza. É a primeira revista dixital do país feita por redactores tan veteranos, que teñen así un medio de expresión para as súas inquietudes.