De seguro que o moañés Jonathan Aspas lembrará durante moito tempo o gol que anotou ante o Spartak de Moscova na eliminatoria de dezaseisavos de final da Uefa. Co 1-0 no marcador e con todo por decidir, o galego sorprendeu ao meta ruso cun forte disparo desde case 35 metros de distancia. O tanto sorprendeu tamén os comentaristas deportivos, os xogadores do Celta e até a bancada, que celebrou por todo o alto o golazo do canteirán. As imaxes da xogada, emitidas este venres por todas as canles europeas, chegaron en tempo ‘record’ ao Youtube.