Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A REDE SOCIAL DE NOVAS PUBLICOU MÁIS DE 12.600 HISTORIAS DE 3.000 FONTES DIFERENTES

Chuza! cumpre un ano con máis de mil usuarios inscritos

Xa hai un ano que naceu Chuza!, a rede social galega de novas na internet. Pouco antes das once da noite do 20 de febreiro de 2006 abríase ao público o acceso a chuza.org. Daquela só contaba con nove usuarios rexistrados, outras tantas historias publicadas e quince pendentes.

- 11:11 21/02/2007
Tags:

Hoxe son xa máis de mil as persoas inscritas, 12.656 as novas aparecidas e máis de 217.000 os votos emitidos polos visitantes da web. Ese é o método polo que se decide que informacións pasan á portada de Chuza!: o voto, base do sistema de control editorial non xerárquico.

En 365 días de andaina, Chuza! converteuse tamén nun foro de opinión e discusión, pois acolleu 23.363 comentarios ás chuzadas -ou novas- procedentes de 3.033 fontes diferentes, entre medios de comunicación dixitais, blogs e portais de vídeo e imaxes. Das categorías das que consta, a que recibiu máis informacións foi política, con 1.251, seguida de denuncia, con 1.162, e rede, con 1.064.

Como mostra das preferencias dos usuarios da web, a historia que máis votos obtivo, 126, foi a do vídeo do alcalde de Ortigueira con Pocholo, seguida da opinión dos gaiteiros galegos sobre a interpretación flamenca do Himno (106), a portada de Interviú con Ana María Ríos (99) e as normas de cortesía do hotel Louxo (96).

A que deu pé a máis comentarios publicouse hai só uns días: a tentativa de fuxida de Ugio Caamanho, con 153 comentarios. O artífice de Chuza!, Berto Yáñez, anunciou que xa está a traballar nun redeseño do portal, que traerá consigo algunha que outra novidade. Mentres, os usuarios van deixando os seus parabéns na chuzada de aniversario.


Ligazóns

1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: