Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
JANETTE E TONY RONALD ACTUARÁN NO MITIN

O PG coruñes preséntase cun 'concerto anos 70' e usando o topónimo deturpado

O polémico candidato do PG á alcaldía da Coruña, Carlos Marcos, está a ultimar a presentación da súa candidatura. A saudade setenteira puido co peculiar "galeguista" herculino que estará acompañado polos cantantes Janette, Tony Ronald, Miki e Lorenzo Santamaría. A cita será no Palexco o vindeiro 9 de marzo. Ademais, Marcos ten previsto repartir nos vindeiros meses 60.000 pulseiras de silicona co lema de "Me gusta La Coruña".

- 09:58 20/02/2007
Tags:

O candidato do PG coruñés é un teimudo defensor do topónimo 'La Coruña'. Segundo ten sinalado en diferentes entrevistas non pensa cambiar de actitude no que respecta a cuestións idiomáticas. A súa fichaxe polo PG causou sorpresa entre os que o coñecen, xa que historicamente Carlos Marcos sempre se identificou cunha visión moi centralista do Estado e cuns posicionamentos moi conservadores.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: