Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN TRES ANOS ENTRARON MÁIS DE CEN MIL PERSOAS CON ANTECEDENTES PENAIS

O Exército dos EUA admite ex-convictos para as guerras de Afganistán e Iraq

As Forzas Armadas dos EUA están a incorporar persoas con antecedentes penais, mesmo algunhas condenadas por delitos graves. O Exército e a Infantaría de Mariña do país están a sufrir unha crise de recrutamento a consecuencia das guerras de Afganistán e Iraq, polo que botan man de persoas con pasado criminal.

- 11:06 19/02/2007
Tags:

Segundo un informe do Centro Michael D. Palm, nos últimos tres anos arredor de cen mil ex-delincuentes uníronse ao exército estadounidense. A institución está a admitir excepcionalmente aspirantes a soldado con antecedentes penais, problemas médicos ou baixo cociente intelectual que noutros casos quedarían fóra das Forzas Armadas. En concreto, inclúense exencións por narcotráfico, delitos graves e faltas menores.

O estudo determina que a entrada de infractores no Exército aumentou dende o ano 2003, pasando de 411 novos recrutas naquel ano até os 901 no 2006. En canto a persoas con delitos menores, como roubo, agresión física ou uso de cheques sen fondo, pasaron de 2.700 hai catro anos a 6.000 en 2006.

Funcionarios do exército e do Pentágono defenderon estas exoneracións. Afirmaron que é un xeito de admitiren xente nova que cometeu delitos pero que agora está reformada. Ora ben, os lexisladores están preocupados porque a admisión de persoas con antecedentes penais pode influír negativamente nos estándares morais das forzas de combate.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: