Importantísima vitoria a acada na tarde do domingo polo Celta ante o Osasuna no Reino de Navarra (0-1). Un gol de Baiano aos dous minutos de xogo permitiulles aos de Vázquez acadar unha vitoria que se lles resistía desde a súa visita a Riazor na xornada 11. Os celestes tiveron que recorrer á heroica para levar os tres puntos xa que xogaron cun home menos durante 55 minutos. Logo da inxenua e xusta expulsión de Canobbio o partido converteuse nun monólogo vermello para lucimento de Pinto, que foi o máis destacado dos galegos. O triunfo non lle permite ao Celta saír dos postos de descenso pero axusta aínda máis a loita pola permanencia, con cinco equipos en só dous puntos.