Novas vitorias para os dous equipos galegos que están loitando por unha praza a tempada que vén na LEB. O Club Ourense Básquet ocupa agora a segunda posición da táboa ao vencer en Málaga o Clínicas Rincón Axarquia por un axustado 69-71. Os ourensáns remontaron nos segundos vinte minutos os oito puntos de vantaxe cos que marcharán os andaluces ao descanso. Sony Vázquez volveu ser o máximo anotador do COB, e do partido, con 19 puntos.
Na tarde do sábado o Beirasar Rosalía tamén sumou unha nova vitoria. Desta vez os composteláns gañaron con comodidade o Akasvayu Vic por 61-78. Mentres, en Vigo a salvación vese cada vez máis lonxe. O Gestibérica caeu na cancha do Provincia de Palencia por 75-68 e dependendo do que faga o Madrid podería rematar a xornada no último posto da clasificación, que leva directamente á liga EBA.