O colectivo Gentalha do Pichel e a Associaçom Galega da Língua, Agal poñen en marcha a súa campaña 'Voluntariado pola Língua' na bisbarra de Compostela. A acción quere pór en contacto a persoas que falan habitualmente galego con persoas que non o dominan oralmente. Preto dun cento de persoas de diversas nacionalidades xa se apuntaron ao programa. A actividade concluirá en xuño cunha "festa multicultural".