Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
UGIO CAAMANHO, MILITANTE DA AMI, LOGROU SERRAR OS BARROTES DA FIESTRA

Funcionarios da cadea de Cáceres frustran a fuxida dun militante independentista

O militante da AMI Ugio Caamanho tentou fuxir da prisión de Cáceres a madrugada do martes ao mércores. Segundo informa El Periódico Extremadura e se fai eco Chuza!, arredor das cinco da madrugada, o preso independentista foi sorprendido cando se atopaba nun patio interior da cadea. A información explica que Caamanho serrou os barrotes da fiestra da súa cela cunha ferramenta que tiña agochada.

- 16:42 15/02/2007
Tags:

Despois, descolgouse dende o segundo piso, onde se atopaba recluído, coa axuda dunhas sabas amarradas. Pero non puido acadar o seu obxectivo porque foi interceptado polos funcionarios de prisións.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: