Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

As Encrobas, trinta anos a ceo aberto

No inverno de 1977 As Encrobas xeraba titulares na prensa de toda Europa. Centos de labregos enfrontábanse ás expropiacións que ditara o Estado en favor de Fenosa.

- 11:37 15/02/2007
Tags:

O 15 de febreiro de 1977 quedou marcado na Historia de Galiza. Nunha mañá que amenceu chea de orballo, centos de labregos, maioritariamente mulleres, subiron a Pau Rañau defender as suas terras. Douscentos gardas civís tiñan a orde de cumprir o trámite burocrático da expropiación. As imaxes daquel día deron a volta ao mundo. Os campesiños, case todos xa vellos, resistían as cargas e negábanse a abandonar as súas terras. A solidariedade cos veciños das Encrobas comezou a chegar dende todos os puntos do país. Días despois Fenosa aceptou sentar cos labregos para buscar unha saída negociada á situación. Naquelas terras érguese hoxe o enorme buraco da mina de lignito e, a poucos metros, as chimineas da central térmica de Meirama.


0/5 (0 votos)