A Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín celebra o Entroido por cuarto ano co magnánimo cocido Pantagruelic07. A organización pretende que o xantar se desenvolva o sábado 17 no restaurante Estación, na parroquia de Botos. O acto non será exclusivamente gastronómico, senón que haberá tamén unha Basic session folque a xeito de sobremesa no mesmo local.
Para rematar, os membros da asociación percorrerán as principais rúas e templos-tabernas da vila na procesión do Santo Torrisco de Siracusa, patrón dos gaiteiros. A marcha comezará a iso das sete e media da tarde, e durante ela leranse coplas típicas do Entroido. Se non é xa demasiado tarde para facelo, quen se queira apuntar pódese informar na web da agrupación.