Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
[FÚTBOL][IRREGULARIDADES NAS CONTAS DA FEDERACIÓN]

Os clubs galegos de fútbol piden a resolución definitiva do expediente a Meana

A Asociación de Clubs Galegos de Fútbol presentou este luns un escrito no que se reclama unha rápida resolución para o expediente sancionador que o presidente da federación e outros membros teñen pendente por supostas irregularidades na xestión da institución. Na carta, dirixida ao presidente do Comité de Xustiza Deportiva, os clubs sinalan que "xa transcorreu un tempo máis que prudencial neste importantísimo asunto", e que se trata "ante todo de evitar que feitos de tanta gravidade no mundo do fútbol poidan caer no silencio ou no esquecemento".

- 19:04 12/02/2007
Tags:

Foi o pasado setembro cando a Asociación de Clubs Galegos de Fútbol presentaba unha serie de documentos que advertían dunhas supostas irregularidades na xestión económica da federación galega. No escándalo estaban involucrados o presidente Julio Meana, o secretario Ramón de Llano, o vicesecretario Benjamín Amido, o tesoureiro Luis Caridad e Fernando Blanco, presidente do comité de adestradores.

A denuncia dos clubs chegou até o Comité de Xustiza Deportiva, que se reuniu para tratar o tema o vintenove de setembro. Desde aquela, aínda está pendente a resolución definitiva do expediente sancionandor que anunciaron que lle abrirían a Meana e aos seus colaboradores. Segundo os clubs, "esta lentitude administrativa non favorece en absoluto á estabilidade da propia federación, un ente que aglutina a decenas de miles de deportistas".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: