Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
UN NOVO PORTAL DA XUNTA MOSTRA O ATRASO DA E-ADMINISTRACIÓN NA GALIZA INTERIOR

O 40% dos concellos lugueses e ourensáns aínda non teñen acceso de alta velocidade

En Galiza contratar unha conexión de banda larga non é unha utopía só para os habitantes do rural. Incluso oitenta e nove concellos do país, case o 29% do total, aínda non poden acceder a este servizo, básico para poder aproveitarse das novas tecnoloxías. Así o mostra o Galimap, unha aplicación presentada onte pola Xunta. Este novo sistema de información xeográfica permite comprobar a gravidade da fenda dixital que sofre Galiza, na que hai 58 municipios que non ofrecen aos veciños ningún local de acceso público á rede.

- 10:53 09/02/2007
Tags:

No Galimap pode verse que na provincia de Ourense hai corenta e dous concellos sen acceso a internet de banda larga. Son Beariz, O Irixo, Boborás, Maside, San Amaro, Cenlle, Amoeiro, Melón, A Arnoia, Cortegada, Gomesende, Pontedeva, Padrenda, Ramirás, Cartelle, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Paderne de Allariz, Esgos, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, A Teixeira, San Xoán de Río, Larouco, Rubiá, Carballeda de Valdeorras, A Veiga, O Bolo, Manzaneda, Chandrexa de Queixa, Vilar de Barrio, Laza, Vilariño de Conso, Castrelo do Val, Cualedro, Sandiás, Porqueira, Os Blancos, Calvos de Randín, Muíños, Lobeira e Entrimo.

Vinte e oito municipios carecen deste servizo en Lugo: Ourol, Muras, Alfoz, Lourenzá, Trabada, A Pastoriza, Ribeira de Piquín, Pol, Baleira, Castroverde, Friol, Negueira de Muñiz, Guntín, O Corgo, Navia de Suarna, Antas de Ulla, Portomarín, Paradela, O Páramo, Cervantes, As Nogais, Antas de Ulla, As Nogais, Triacastela, Samos, Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel e Carballedo.

Sen centros de acceso público
Na Coruña hai once municipios sen internet de alta velocidade: Boqueixón, A Baña, Trazo, Santiso, Sobrado, Vilasantar, Mesía, Frades, Aranga, Irixoa e Monfero. Finalmente, os concellos pontevedreses sen internet de alta velocidade son oito: Covelo, Forcarei, Portas, Barro, Ribadumia, Oia, Rodeiro e A Golada.

A fenda dixital da Galiza interior tamén se aprecia na existencia de centros públicos de acceso a internet. En Ourense hai vinte e seis concellos que non ofrecen este servizo, trece en Lugo, dezaoito en Pontevedra -sobre todo no interior da provincia- e o municipio de Toques na Coruña.

Envío de datos de contacto ao móbil
Ademais de datos sobre tecnoloxía, Galimap permite a consulta en liña de información de contacto sobre a administración municipal e de Xustiza. Os datos pódense enviarse de xeito gratuíto aos teléfonos móbiles e correos electrónicos.

A fonte dos datos foron enquisas da Xunta aos propios municipios, segundo informa a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; entidade promotora do Galimap.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: