Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A CNMV APROBA A OPA LANZADA POLA INMOBILIARIA MADRILEÑA

Fadesa pode acabar absorbida por Martinsa e a súa sede, en Madrid

A OPA lanzada pola inmobiliaria Martinsa sobre a totalidade do capital da galega Fadesa xa recibiu o visto e prace da Comisión Estatal do Mercado de Valores. Polo de agora, a firma madrileña non quixo desvelar se a sede de Fadesa se manterá en Galiza ou se trasladará á capital do Estado, aínda que todo parece indicar que o obxectivo da empresa de Fernando Martín é absorber por completo a mercada a Manuel Jove para crear un gran grupo de servizos.

- 17:20 07/02/2007
Tags:

Martinsa prevé que Fadesa manteña as súas liñas de negocio e ademais inclúa outros servizos, como as concesións de autoestradas, a xestión da auga ou a explotación de enerxías renovábeis. En principio, non se anunciaron "cambios significativos" no cadro de persoal nin no de directivos da inmobiliaria galega. Segundo o xornal La Opinión de A Coruña todo parece indicar que a fusión de Fadesa e Martinsa se concrete coa absorción da primeira por parte da segunda.

Coa aprobación do folleto pola Comisión do Mercado de Valores, ábrese un prazo de 30 días para que os accionistas decidan se acoden ou non á oferta e é previsíbel que a mediados deste mes Fernando Martín se converta no novo dono de Fadesa.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: