Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SEGUNDO A EMPRESA WEBROOT, O SISTEMA TEN IMPORTANTES LIMITACIÓNS DE SEGURIDADE

O novo Windows Vista deixa pasar até un 84% do spyware habitual

Enxeñeiros da empresa Webroot, especializada no desenvolvemento de software de seguridade, publicaron a semana pasada un informe no que sinalan que Windows Vista non detecta a maioría do spyware e virus máis habituais. En concreto, falan dun 84% dos casos en que o novo sistema operativo de Microsoft é vulnerábel aos ataques de spyware, adware, monitores de sistema, virus, troianos e rastrexadores de teclado.

- 13:07 05/02/2007
Tags:

A compañía Webroot felicita a Microsoft polas melloras que inclúe o Windows Vista no campo dos gráficos, chavellas ou conectividade. Malia isto, os seus enxeñeiros queren facerlle ver ao usuario que o novo sistema ten "limitacións de seguridade" e advírtenlles de que a protección por defecto do Vista "non os vai protexer totalmente".

Segundo informa Webroot na súa páxina web, "co crecemento continuado da tenacidade dos cibercriminais e desenvolvedores de malware, é crucial para os usuarios instalar unha solución de seguridade adicional que ofreza protección en tempo real contra todas as formas de spyware e virus".

No estudo sinalan tamén deficiencias nas actualizacións de definición do programa Windows Defender, que en vez de realizarse a cotío faise cada semana ou dez días. Ademais, lembran que a protección contra os virus que ofrece o programa Microsoft Live OneCare non detecta todos os virus existentes, malia ter que pagar por el uns cincuenta euros.


0/5 (0 votos)