Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS EUA PREPARAN UNHA FORTE OPERACIÓN MILITAR NA CAPITAL

Máis dun milleiro de mortes en Iraq en apenas unha semana

Ataques con explosivos, combates e enfrontamentos varios en Iraq elevaron a un milleiro a cifra de mortos na última semana. A estatística de falecidos camiña así a empeorar os números de 2006, cando segundo a avaliación da ONU morreran só en Bagdad un total de 34 mil civís. Segundo a prensa estadounidense, o exército dos EUA e as forzas militares iraquís preparan unha ampla operación conxunta na capital.

- 08:00 05/02/2007
Tags:

Responsábeis do exército estadounidense afirmaron que a ofensiva que preparan será moito máis ampla das despregadas na cidade até o de agora, co obxectivo de aumentar a presión sobre "insurxentes, milicias e criminais".

Con esa fin, militares estadounidenses e iraquís vanse despregar polos barrios da capital de Iraq na procura de armamento ilegal de militantes de grupos rebeldes. Os EUA agardan incrementar a presión militar na cidade nos próximos seis meses na espera de virar a situación actual de violencia incontrolábel.

Poden ampliar en Al Iasira e CNN.


Ligazóns

0/5 (0 votos)