Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XUSTIFICA DESTE XEITO O PASO POLA ZONA DO AVE 'A CORUÑA-FERROL'

Fomento describe a Fraga de Cecebre como "masa de piñeiros e eucaliptos"

"Masa forestal de piñeiros e eucaliptos". Esta é a cualificación da coñecida Fraga de Cecebre que recolle o estudo informativo e ambiental para o trazado do AVE entre A Coruña e Ferrol. Así, o proxecto elaborado polo Ministerio de Fomento e actualmente en fase de alegacións, contempla a construción da liña ferroviaria por esta mítica zona. O BNG acaba de presentar unha proposición non de lei sobre a variación do traxecto, que "ameaza con provocar un gravísimo impacto ambiental, social e patrimonial no Concello de Cambre", sinalan. Carlos Aymerich, quen presentou a iniciativa, argüíu que "Fomento baseou o estudo en planos cartográficos de 1995", e que "obviou a Lei de Patrimonio Cultural de Galiza", a cal asume como Bens de Interese Cultural os lugares xa protexidos por normativas municipais.

- 09:24 03/02/2007
Tags:

Canda este recinto de especial protección polos seus valores paisaxísticos, históricos e culturais, tamén se verían afectados á zona húmida da Telleira, tamén protexida e, en xeral, toda a franxa máis significativa da canle do río Mero.

Pola súa banda os Concellos de Cambre e Bergondo encargaron a unha consultora a elaboración das alegacións, así como a procura dun trazado alternativo, para presentar ante o Ministerio de Fomento. A este respecto, Xabier Iglesias, responsábel comarcal do BNG, sinalou que "malia non apoiar un trazado alternativo en concreto, sería lóxico que este descorrese preto das vías de alta capacidade que xa pasan pola zona, a A6 e a AP9".

O prazo límite para o rexistro de emendas ao actual texto remata o 17 de febreiro.


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: