O Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela volve engalanarse esta fin de semana para acoller as finais da Copa Adecco Leb 2. Os catro primeiros clasificados da competición de liga desta categoría loitarán desde este venres por acadar este título oficial. O sorteo realizado hai dúas semanas deixou nunha das semifinais o enfrontamento entre os dous equipos galegos participantes, o Beirasar Rosalía e o Club Ourense Básquet (20:30). Os dous conxuntos enfróntanse na procura dun posto na final do sábado (18:30h). Na outra semifinal, o Ciudad de La Laguna terá como rival o Grupotel.com Muro.