Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
DO 5 AO 8 DE FEBREIRO NA UNIVERSIDADE DE VIGO

Un congreso trata por primeira vez a tradución para a dobraxe en Galiza

O primeiro congreso dedicado á tradución para a dobraxe chegará a vindeira semana á Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Durante catro xornadas falarán tradutores, dobradores e responsábeis das televisións públicas de Galiza, Euskadi e Cataluña, que resumirán a historia de pouco máis dun cuarto de século que ten a dobraxe nas linguas propias. Xa están inscritos máis de 150 participantes, aínda que o prazo segue aberto até o venres 2.

- 18:09 31/01/2007
Tags:

Entre os relatores previstos están os profesores Rosa Agost Canós, da Universitat Jaume I, e Josu Barambones Zubiria, da Euskal Herriko Unibertsitatea, ademais dos tradutores María Alonso, Lluís Comes i Arderiu, Rosa Moledo ou Beatriz Zabalondo, que falarán das diferentes técnicas de tradución que se empregan para cada xénero televisivo: filmes, debuxos animados ou documentais. Con este primeiro congreso preténdese complementar a formación nunha modalidade con cada vez máis demanda e saídas profesionais.


Documentos

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: