Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A FISCAL ADSCRITA AO CASO ACABA DE FORMULAR O ESCRITO DE ACUSACIÓN

Pepe Rubianes, a xuízo por "ultraxes a España"

A fiscal adscrita ao xulgado de instrución número 5 de Sant Feliú del Llobregat acaba de formular unha acusación formal contra Pepe Rubianes, segundo informa Libertad Digital, trala admisión a trámite da querela presentada o 31 de xaneiro de 2006 pola Fundación para a Defensa da Nación Española, Denaes. A Fiscalía entende que estas palabras "son constitutivas dun delito de ultraxes a España".

- 11:09 26/01/2007
Tags:

A orixe da querela está na intervención do actor galego no programa El Club de TV3, o 20 de xaneiro de 2006, onde Rubianes proferiu palabras despectivas contra os que daquelas estaban a levar unha campaña contra o proceso de reforma estatutario en Cataluña.

A Fiscalía entende que estas palabras "son constitutivas dun delito de ultraxes a España", previsto e penado no artigo 543 do Código Penal e solicita impór a Rubianes unha multa de sesenta euros diarios durante un año. Denaes, que actúa como acusación, entende que ademais deste, tamén concorre no delito "de incitación ao odio", tipificado no artigo 510 do Código Penal.

    Anteriores:
  • Pepe Rubianes: "Cousas peores se din de España e de Cataluña nos bares"
  • Gallardón veta a obra de Pepe Rubianes en Madrid
  • Vídeo das polémicas declaracións


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: