O 82% das emisións galegas de gases causantes do cambio climático rexistradas en 2004, último ano para o que hai datos oficiais dispoñíbeis, e que se divulgan aquí por primeira vez. foron debidas á produción, transformación e consumo de enerxía. Así o expresan os datos facilitados á asociación ecoloxista Verdegaia polo Ministerio de Medio Ambiente. As centrais térmicas representaron o 42% da contribución galega ao cambio climático, e explican que as emisións por habitante de Galiza (13,4 toneladas en 2004) sexan moi superiores ás emisións medias da UE (10,9). Poden ampliar no Canal Verde.